miércoles, 24 de noviembre de 2010

Material subida San Roque

Aquí tedes os arquivos dos mapas da subida ó San Roque, por si acaso ós tedes moi estropeados.
Mapa 1
Mapa 2


miércoles, 17 de noviembre de 2010

Comunismo/capitalismo

 
Lembrade que a característica principal do sistema capitalista é a importancia da propiedade privada e a non intervención do Estado na economía, que se autorregula pola lei da Oferta e da Demanda.
Pola contra no sistema comunista non existe a propiedade privada, todo é do Estado que controla totalmente a economía.
Un terceiro sistema económico é o Tradicional, que só se da en países moi pobres, onde o principal obxectivo económico é a subsistencia. Pode suceder que nin siquera haxa diñeiro e o comercio se base no troco de mercadorías.

domingo, 7 de noviembre de 2010

Descripción do mapa 1:25000

Describide a paisaxe da zona que aparece representada no mapa de Viveiro 1:25000 (Ten que ser unha redacción e non contestar ás cuestións):
  • Introducción (tipo de mapa, zona que representa,...)
  • Relevo (altitude, posición no mapa, ...)
  • Rios (rios principais, afluentes, dirección,onde nacen, onde morren...)
  • Limite de concello (posición e razón da súa posición)
  • Situación dos muiños (características comúns e razón)
  • Nº de parroquias, capelas e cemiterios
¡Recordade que tedes que usar os termos Norde, Sur, Leste e Oeste en vez de arriba , abaixo, dereita, esquerda,... !

    RESPOSTA CORRECTA

    Estamos diante dun mapa topográfico 1: 25000 que representa a zona sur do concello de Viveiro, poboación que aparece na zona central e no Norde do mapa. Neste tipo de mapas aparece moita información como é a altitude mediante as curvas de nivel, os cursos fluviais en azul, os edificios, as principais vias de comunicación e outros edificios singulares como as capelas e igrexas, cemiterios, muiños, etc...
    A paisaxe desta zona ven marcado polo eixo S-N que marca o percorrido do rio Landro que desemboca en dita cidade de Viveiro. Este rio está rodeado de grandes elevacións montañosas ó leste e ó Oeste que enmarcan o seu percorrido cara o mar.
    Na zona NE do mapa atopamos as principais elevacións que acadan no Penedo do Galo a súa máxima altitude que é de 552 m. Trátase dunha serra de dirección NO-SE onde se superan os 500 m de altitude ata en 6 ocasións. Esta elevación marca o límite có concello de Xove que se atlopa na zona oriental desta elevación, e cara onde se dirixen os rios que se atopan no cadrante NNE: Rego do Farol, Rego do Penedo e Rego do Curro.
    Na zona occidental tamén hai grandes elevacións aínda que o mapa se atopan por debaixo da cota de 500 m. Nesta zona amáxima altitude está no coto da Silvarosa de 445 m.Nestas montañas nacen algúns rios que se dirixen cara o val do Landro, pero tamén , como o rego do Cristo, se dirixen directamente á ria de Viveiro pasando por Covas.
    Por último temops na zona sur do mapa outra gran elevación, o Monte Castelo que acada unha altitude de 525 m e coas maiores pendentes de todo o mapa. Este monte separa o val do Landro do do seu afluente o rio de Bravos que pasa pola parroquia de Galdo e desemboca no Landro perto de Altamira.
    O rio Landro forma dous grandes vales, as zonas máis chas do mapa, , un moi cerca da súa desembocadura entre Xunqueira e Magazos e outra entre Landrove e o Naseiro, lugar onde recibe múltiples afluentes provintes do Norde, Leste e Sur, como son o Rego da Cruz, o Rego do Feal e o Rego de Loureiros.
    No mapa detectamos ata oito muiños que como é natural se atopan preto dos regos que descenden das montañas con forte pendente como os que hai en Xunqueira e na Fontecova.
    En canto as parroquias detectamos ata oito: Galdo, Magazos, Landrove, Valcarría, Chavín, Vieiro e no casco urbán de Viveiro as de San Francisco e Santa María.
    Ademáis aparecen moitas ermidas ou capelas: a Misericordia, a da Feira de Galdo, a nosa señora de Belén e a dos Remedios no Naseiro, todas na zona baixa, e nas montañas a da Fontecova e a de San Martiño no rego da Fontecova, e a capela de San Roque e a de San Martiño do Castelo nas maiores alturas da zona representada no mapa.

    Actividades Mapa Topográfico ...

    Traballando co mapa topográfico 1:25000 realizaremos as seguintes actividades:
    a) Sinalar cales son os dous picos máis altos (Indícao con algún topónimo ou coas coordenadas xeográficas).

    Penedo do Galo (552)

    Pena da Leña (551)

    b) Sinalar en cor verde as zonas inferiores ós 50 metros
    Este arquivo sinala a liña de 50 m
    c) Onde se atopa a máxima pendente (Indícao con algún topónimo ou coas coordenadas xeográficas).

    Vertente leste do Monte Castelo

    Pozo da Ferida

    d) Onde se atopa a zona chá máis extensa (Indícao con algún topónimo ou coas coordenadas xeográficas)
    Landrove
    e) Cal é a distancia que hai entre os dous picos máis altos
    14’5 cms ou sexa 3625 m ou sexa 3’625 Kms
    f) Cal é a distancia entre O Requeixo (Bravos) e a Igrexa de Chavín en liña recta e por carreteira

    En liña recta: 18 cms ou sexa 4500 m ou sexa 4’5 Kms

    Pola carreteira: 30 cms ou sexa 7500 m ou sexa 7’5 Kms

    g) Cales son as coordenadas xeográficas de

    O pico máis alto 7º 33’ 40’’ O 43º 39’ 38’’ N

    A Igrexa de Magazos 7º 35’ 40’’ O 43º 38’ 43’’ N

    O muiño de Hermosende 7º 36’ 56’’ O 43º 37’ 32’’ N

    O Pico de Vieiro 7º 37’ 28’’ O 43º 39’ 12’’ N

    Subestación de Magazos 7º 35’ 59’’ O 43º 38’ 45’’ N

    miércoles, 3 de noviembre de 2010

    Mapa topográfico Viveiro 1:25000

    Imos facer un mapa topográfico personalizando algúns elementos deste mapa.
    Partiremos do mapa 1:25000 en Branco e negro e lle iremos dando cor... sinalando nel os seguintes elementos con esta clave común

    Mapa Viveiro 1:25000

    Eiquí tedes o mapa de Viveiro escala 1:25.000 do ano 1995


    Este outro é a versión actualizada do mesmo feita no ano 2005

    Se queredes descargar estes ou outros mapas topográficos con moitísima máis resolución clickade no seguinte enlace e seguide as seguintes instruccións.

    Curvas de nivel 2

    E aquí dous exercicios para practicar coas curvas de nivel


    1. Curvas de nivel
    2. Exercicio batimetría (profundidad mariña)

    Curvas de nivel

    Tedes dous exemplos máis para entender o queson as curvas de nivel