domingo, 7 de noviembre de 2010

Descripción do mapa 1:25000

Describide a paisaxe da zona que aparece representada no mapa de Viveiro 1:25000 (Ten que ser unha redacción e non contestar ás cuestións):
  • Introducción (tipo de mapa, zona que representa,...)
  • Relevo (altitude, posición no mapa, ...)
  • Rios (rios principais, afluentes, dirección,onde nacen, onde morren...)
  • Limite de concello (posición e razón da súa posición)
  • Situación dos muiños (características comúns e razón)
  • Nº de parroquias, capelas e cemiterios
¡Recordade que tedes que usar os termos Norde, Sur, Leste e Oeste en vez de arriba , abaixo, dereita, esquerda,... !

    RESPOSTA CORRECTA

    Estamos diante dun mapa topográfico 1: 25000 que representa a zona sur do concello de Viveiro, poboación que aparece na zona central e no Norde do mapa. Neste tipo de mapas aparece moita información como é a altitude mediante as curvas de nivel, os cursos fluviais en azul, os edificios, as principais vias de comunicación e outros edificios singulares como as capelas e igrexas, cemiterios, muiños, etc...
    A paisaxe desta zona ven marcado polo eixo S-N que marca o percorrido do rio Landro que desemboca en dita cidade de Viveiro. Este rio está rodeado de grandes elevacións montañosas ó leste e ó Oeste que enmarcan o seu percorrido cara o mar.
    Na zona NE do mapa atopamos as principais elevacións que acadan no Penedo do Galo a súa máxima altitude que é de 552 m. Trátase dunha serra de dirección NO-SE onde se superan os 500 m de altitude ata en 6 ocasións. Esta elevación marca o límite có concello de Xove que se atlopa na zona oriental desta elevación, e cara onde se dirixen os rios que se atopan no cadrante NNE: Rego do Farol, Rego do Penedo e Rego do Curro.
    Na zona occidental tamén hai grandes elevacións aínda que o mapa se atopan por debaixo da cota de 500 m. Nesta zona amáxima altitude está no coto da Silvarosa de 445 m.Nestas montañas nacen algúns rios que se dirixen cara o val do Landro, pero tamén , como o rego do Cristo, se dirixen directamente á ria de Viveiro pasando por Covas.
    Por último temops na zona sur do mapa outra gran elevación, o Monte Castelo que acada unha altitude de 525 m e coas maiores pendentes de todo o mapa. Este monte separa o val do Landro do do seu afluente o rio de Bravos que pasa pola parroquia de Galdo e desemboca no Landro perto de Altamira.
    O rio Landro forma dous grandes vales, as zonas máis chas do mapa, , un moi cerca da súa desembocadura entre Xunqueira e Magazos e outra entre Landrove e o Naseiro, lugar onde recibe múltiples afluentes provintes do Norde, Leste e Sur, como son o Rego da Cruz, o Rego do Feal e o Rego de Loureiros.
    No mapa detectamos ata oito muiños que como é natural se atopan preto dos regos que descenden das montañas con forte pendente como os que hai en Xunqueira e na Fontecova.
    En canto as parroquias detectamos ata oito: Galdo, Magazos, Landrove, Valcarría, Chavín, Vieiro e no casco urbán de Viveiro as de San Francisco e Santa María.
    Ademáis aparecen moitas ermidas ou capelas: a Misericordia, a da Feira de Galdo, a nosa señora de Belén e a dos Remedios no Naseiro, todas na zona baixa, e nas montañas a da Fontecova e a de San Martiño no rego da Fontecova, e a capela de San Roque e a de San Martiño do Castelo nas maiores alturas da zona representada no mapa.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario