domingo, 19 de diciembre de 2010

Novo acceso

Mudei o traballo de CCSS á esta outra páxina, https://sites.google.com/site/3esoxeomasa/home
A partir de agora teredes ahí toda a información da signatura de Xeografía. Xa sabedes, clickade aquí.

jueves, 9 de diciembre de 2010

Tema 1: outra globalización?

Como solucionar o problema da desigualdade no mundo?
A globalización ten defensores e críticos, xente que considera que a globalización acabará coas diferencias entre os países ricos e pobres e outros que dicen o contrario, que non fai máis que agrandar esas diferencias.
¿Como podemos de tódolos xeitos intentar reducir as diferencias económicas entre os diferentes países?
  • Os máis críticos coa globalización se definen así mesmos como antiglobalización e cada vez que hai unha reunión do G-8, do FMI ou da OMC, convocan enormes manifestacións que as veces acaban con incidentes violentos e cunha forte intervención policial.
  • Organizacións non gubernamentais (ONG's)
Intermón Oxfam

Médicos sin fronteras

  • Axuda ó desenvolvemento: 0'7%. Os países máis ricos axudan ó desenvolvemento cunha parte do seu PIB. A ONU propón que esa cantidade sexa do 0'7% pero case ningún país o fai con esa cantidade.
  • Iniciativas filantrópicas, ou sexa que xente con moito diñeiro decida intervir en beneficio dos países máis pobres con programas de desenvolvemento financiado por eles mesmos.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Tema 1: Diferencias entre países

Como vimos anteriormente no mundo hai moitas diferencias entre os países ricos e os pobres. Como explica o libro hai zonas nas que se decide a política económica do mundo (o centro) e outras zonas onde se obedecen as normas marcadas polos países ricos (a periferia). Hai países que están escapando da segunda zona hacia a primeira, son os países da semiperiferia.
Unha boa forma de estudar ou compreb¡nder esta diferencia é acudir ós indicadores socioeconómicos dos distintos países do globo.
Por exemplo a taxa de mortalidade infantil ...
Outros indicadores son:
  • Producto Interior Bruto (PIB). O dato compara a riqueza das nacións sen distingjuir entre nacións moi ou pouco poboadas. Para ver mellor as diferencias habería que acudir á cifra do PIB per cápita .
  • Consumo diario de calorías. Indica que países son os que teñen a súa poboación mellor alimentada, o quu ten que ver moito coa pobreza.
  • Esperanza de vida.
  • Índice de desenvolvemento humano (IDH).


Muy alto Alto Medio Bajo Sin datos

Xa vimos en clase (polo menos en 3º ESO A) o que é Gapminder, unha ferramenta impresionante para ver en vivo as estatísticas socikoeconómicas de todo o mundo. Eiquí tedes un vide no que o autor deste programa, Hans Rosling, explica a evolución da esperanza de vida nos derradeiros 200 anos.

Tema 1: Centros de decisión económica.

Tedes que saber a importancia dos centros de toma de decisión económica. Os países non poden facer o que queiran, senón que son vixiados e orientados polos seguintes organismos:
  • Banco Mundial (BM). A súa sede está en Washington e a súa misión é prestarlle axudas (créditos) ós países máis pobres. Ó problema é que para que un país reciba estas axudas ten que seguir as indicacións do BM sobre a súa economía, indicacións que moitas veces son negativas...
  • Fondo Monetario Internacional (FMI). Depende da ONU e a súa misión é facilitar o intercambio monetario e o comercio mundial. Un problema do FMI é que como no caso anterior, ás veces ás políticas fiscais, monetarias ou económicas que se lles obriga a seguir ós países pobres non os beneficia diante dos países máis ricos. Mirade a seguinte caricatura...


  • Organización Mundial do Comercio (OMC). É o organismo encargado de promover as relacións comerciais entre os países, sobre todo no que respecta á eliminación das barreiras comerciais. De novo podemos facerlle a mesma crítica: en ves de solucionar as desigualdedes entre países ricos e pobres, as veces non fai máis que mantelas.




jueves, 2 de diciembre de 2010

Tema 1. Globalización

Como vimos o capitalismo se extendeu por todo o mundo. Esto fixo que as empresas traballen por todo o mundo, podendo atopar en calqueira parte do planeta productos elaborados no outro extremo do mundo. Esto é ó que nos lle chamamos globalización. As súas características son:

1. Eliminación das barreiras comerciais.
Os paises cobraban antes nas fronteiras un imposto ós productos que viñan de fora para que a xente comprase productos propios. Hoxe estos impostos están desaparecendo. Cada vez hai menos países que cobren esos impostos e polo tanto é moito máis facil comerciar entre países.
Un problema que tiña cobrarlle impostos ós países de fora é que eles tamén nos cobraban a nos.
Se nos lle cobramos un imposto ó leite francés para que salga máis caro que o leite español (galego, por exemplo), conseguiremos que en España se consuma leite español pero... en Francia deixarán de comprar, por exemplo, aceite español, e mercarán o aceite nalgún país que non lle cobre impostos ós productos franceses. Entraríamos no que se chama unha guerra comercial.
Esta política económica que consiste en poñer barreiras comerciais mediante impostos, é o que se chama proteccionismo e hoxe non se practica en case que ningún país.



2. Innovación tecnolóxica.
Os grandes avances tecnolóxicos tamén favorecen as comunicacións e o desenvolvemento do comercio: internet, telefonos móbil,...
Hoxe é moi doado que calqueira poida mercar productos en calqueira momento e en calqueira parte do planeta. Por exemplo poderíamos mercar un libro, un cd ou un chandall en tendas de Xapón, EEUU ou Moscú, pagando mediante unha tarxeta bancaria ou facendo unha transferencia.


3. Cada vez hai máis empresas multinacionais e cada vez son máis ricas. Estas empresas viven mellor grazas á globalización xa que esta lles permite instalar fábricas en calqueira parte do globo, e transportar hacia alí (materias primas) ou dende alí (productos elaborados), productos a calqueira outra parte do planeta.

Na imaxe seguinte vemos a expansión da multinacional Nike por todo o globo.



4. Cada vez é máis doado transportar productos dun lado a outro do planeta grazas á mellora dos transportes: avións, barcos, trenes, transporte por carreteira,...


5. Hai novos xeitos de producir que se extenden por todo o mundo.
  • Robotización e automatización ó mesmo tempo que mellora a formacións dos traballadores.



  • Deslocalización das industrias para aforrar os custos de producción. Hox eé moi normal que unha empresa para reducir custos translade toda a producción a un novo país, como fixo Levy's coas súas fábricas de pantalóns, das que xa non queda ningunha nos EEUU.

Tema 1. Comunismo

O comunismo existiu en moitos países ó longo do século XX pero hoxe só quedan Cuba, Corea do Norde e Laos. China e Vietnam que tamén eran comunistas estanse transformando ó sistema capitalista, é dicir se permite a propiedade privada.
O comunismo é un sistema económico e político que se basa na eliminación da propiedade privada que pasa a ser do Estado. Todas as propiedades son polo tanto do Estado, e ningún cidadán pode ter nada propio.
O comunismo ofrece como gran ventaxa a igualdade entre todos os cidadáns. Non hai diferencias sociais, non hai nin ricos nin pobres, non hai paro,... Todo o mundo ten as mesmas oportunidades, pero ...
O sistema comunista non crea riqueza, xa que ó non existir a competencia os productos non melloran e os traballadores non teñen incentivos para traballar máis e mellor, e polo tanto os paises comunistas sempre se foron arruinando economicamente, polo que son sistemas nos que si que hai igualdade económica pero bastante pobreza.

Ademáis nos países comunistas hai un goberno autoritario que non permite que haxa protestas, polo que cambiar de sistema económico é moi dificil. Os paises comunistas son paises nos que non hai liberdade de opinión, expresión , reunión, movemento, manifestación,... Os dereitos das personas son moi reducidos en cambio teñen moitos deberes.

Tema 1: Capitalismo

Lembrade algunhas das ideas que fumos explicando en clase e que por suposto entrarán no exame:

O capitalismo é o sistema económico máis importante na actualidade. Practicamente todos os países do mundo teñen este sistema económico.
Características:

1. O obxectivo é obter beneficios e para eso o elemento máis importante é o capital. O diñeiro non vale de nada senón serve para obter máis diñeiro. O diñeiro hai que invertilo buscando obter máis diñeiro.



2. A propiedade privada é un elemento fundamental e hai que defendelo por todos os medios posibles... A propiedade privada non pode ter ningún límite agás o do interés xeral (expropiacións para facer un hospital, construir unha carreteira,...).



3. O factor que move a economía é obter o máximo beneficio.
Recordade que o prezo dun producto é o do custo de producción máis o beneficio que se quere obter.
O custo de producción é o que custa producir un obxecto (por exemplo unha televisión) ou prestar un servicio (atender un paciente) : materia prima necesaria para construílo, local onde se vai a traballar, prezo das máquinas ou ferramentas necesarias para facer ese traballo, salario dos traballadores e o que custe vender ese producto (transporte á tenda, prezo do local da tenda,...).




É lóxico que se fabricar un obxecto costa 6 euros, nunca o poderemos vender polo mesmo prezo xa que entón non gañaríamos nada. O lóxico é sumarlle a ese custo o que nos queremos gañar: ese será o prezo final do producto. Neste exemplo o prezo podería ser de 7 euros para obter un beneficio razonable.
¿Que sucede se nos queremos obter máis beneficio en cada producto, poñamos 2 euros por obxecto? ¿Como faremos?
Hai dous camiños.
  • Subirlle o prezo directamente ó producto. O obxecto pasaría a valer 8 euros. Hai un problema e é que ó mellor a ese prezo a xente non compra o producto xa que pode parecerlles moi caro.
  • Manter o mesmo prezo de 7 euros e intentar reducir o custo de producción ata os cinco euros. ¿Como? Aforrando na producción, por exemplo con máquinas máis rapidas, aumentando a xornada laboral ou reducindo os salarios




4. A liberdade económica debe manterse. Toda persona é libre de facer o que queira coa súa empresa: producir máis cantidade ou menos, subirlle o prezo ou baixarllo, ... O Estado non pode intervir na economía ou sexa impedir que os empresarios produzan ou comercien como queiran. A economía se rixe pola lei da oferta e da demanda.
Nos podemos poñerlle o prezo que queiramos ó producto que fabricamos , pero terá un límite que non deberemos sobrepasar, o que a xente queira ou poda pagar por ese obxecto.
No exemplo anterior nos poderíamos poñerlle a ese obxecto que custou 5 euros o prezo e 10 euros, pero pode ser que nos quedemos sen vender ningún. O prezo irá fixado pola oferta e a demanda:
  • Se hai moita xente que quere o obxecto (demanda alta) e só o fabrico eu (oferta baixa), eu poderei aumentar o prezo do producto xa que quen o queira terá que comprarmo a min, non o poderá comprar noutro sitio.
  • Se moita xente o quere (demanda alta) pero hai moitos productos (oferta alta), non poderei subir demasiado o prezo xa que os clientes poderían comprarllo en calqueira outra tenda.
  • O mesmo sucede se hai pouca xente que queira o producto (baixa demanda) e hai poucos productos á venda (oferta baixa). O prezo manterase estable.
  • Pero se hai moi pouca demanda, ou sexa naide quere o producto e a oferta é moi grande se quero vender ese producto terei que baixarlle moito o prezo, mesmo por debaixo do custo de producción: xa de perder, perder un pouco, non todo.
O esquema sería o que nos indica esta gráfica:







5.O salario está tamén suxeito á lei da oferta e da demanda:
  • Se hai moita xente que quere traballar (oferta) e pouca necesidad de traballadores (demanda), os salarios serán baixos.
  • Se hai pouca xente que poioda facer un traballo (oferta) e hai necesidade de xente que faga ese traballo, os salarios serán altos.
6. O capitalismo xenera desigualdades tanto entre paises (países ricos e pobres) como dentro da sociedade: canto menores sexan os salarios mási gañarán os empresarios o que provoca que na sociedade os ricos se enriquecen máis (en certo modo) se os traballadores gañan menos.





Hai xente que critica este sistema por este último aspecto. Pero na súa defensa tamén hai xente que dice que se un empresario gaña máis cartos pode (e debe) crear máis empresas có que se van a crear tamén máis postos de traballo e polo tanto a riqueza do empresario é ó mesmo tempo garantía de maior riqueza do país e tamén maior riqueza dos habitantes ou sexa dos traballadores deste país

Tedes que recordar que se produciu un cambio nestes últimos tempos, sobre todo a partir da grande crise de 1929. O estado pode intervir na economía para garantir as condicións mínimas de vida para os seus cidadáns. ¿Como?
  • Pois fixando prezos máximos ós considerados productos esenciais: leite, pan,... en vez de deixar que a lei da oferta e a demanda marque esos prezos.
  • Garantindo determinados servicios mínimos como a educación ou a sanidade (por exemplo en España), servicios que prestará o Estado a través dos funcionarios. É o chamado Estado do Benestar.