jueves, 2 de diciembre de 2010

Tema 1: Capitalismo

Lembrade algunhas das ideas que fumos explicando en clase e que por suposto entrarán no exame:

O capitalismo é o sistema económico máis importante na actualidade. Practicamente todos os países do mundo teñen este sistema económico.
Características:

1. O obxectivo é obter beneficios e para eso o elemento máis importante é o capital. O diñeiro non vale de nada senón serve para obter máis diñeiro. O diñeiro hai que invertilo buscando obter máis diñeiro.



2. A propiedade privada é un elemento fundamental e hai que defendelo por todos os medios posibles... A propiedade privada non pode ter ningún límite agás o do interés xeral (expropiacións para facer un hospital, construir unha carreteira,...).



3. O factor que move a economía é obter o máximo beneficio.
Recordade que o prezo dun producto é o do custo de producción máis o beneficio que se quere obter.
O custo de producción é o que custa producir un obxecto (por exemplo unha televisión) ou prestar un servicio (atender un paciente) : materia prima necesaria para construílo, local onde se vai a traballar, prezo das máquinas ou ferramentas necesarias para facer ese traballo, salario dos traballadores e o que custe vender ese producto (transporte á tenda, prezo do local da tenda,...).




É lóxico que se fabricar un obxecto costa 6 euros, nunca o poderemos vender polo mesmo prezo xa que entón non gañaríamos nada. O lóxico é sumarlle a ese custo o que nos queremos gañar: ese será o prezo final do producto. Neste exemplo o prezo podería ser de 7 euros para obter un beneficio razonable.
¿Que sucede se nos queremos obter máis beneficio en cada producto, poñamos 2 euros por obxecto? ¿Como faremos?
Hai dous camiños.
  • Subirlle o prezo directamente ó producto. O obxecto pasaría a valer 8 euros. Hai un problema e é que ó mellor a ese prezo a xente non compra o producto xa que pode parecerlles moi caro.
  • Manter o mesmo prezo de 7 euros e intentar reducir o custo de producción ata os cinco euros. ¿Como? Aforrando na producción, por exemplo con máquinas máis rapidas, aumentando a xornada laboral ou reducindo os salarios




4. A liberdade económica debe manterse. Toda persona é libre de facer o que queira coa súa empresa: producir máis cantidade ou menos, subirlle o prezo ou baixarllo, ... O Estado non pode intervir na economía ou sexa impedir que os empresarios produzan ou comercien como queiran. A economía se rixe pola lei da oferta e da demanda.
Nos podemos poñerlle o prezo que queiramos ó producto que fabricamos , pero terá un límite que non deberemos sobrepasar, o que a xente queira ou poda pagar por ese obxecto.
No exemplo anterior nos poderíamos poñerlle a ese obxecto que custou 5 euros o prezo e 10 euros, pero pode ser que nos quedemos sen vender ningún. O prezo irá fixado pola oferta e a demanda:
  • Se hai moita xente que quere o obxecto (demanda alta) e só o fabrico eu (oferta baixa), eu poderei aumentar o prezo do producto xa que quen o queira terá que comprarmo a min, non o poderá comprar noutro sitio.
  • Se moita xente o quere (demanda alta) pero hai moitos productos (oferta alta), non poderei subir demasiado o prezo xa que os clientes poderían comprarllo en calqueira outra tenda.
  • O mesmo sucede se hai pouca xente que queira o producto (baixa demanda) e hai poucos productos á venda (oferta baixa). O prezo manterase estable.
  • Pero se hai moi pouca demanda, ou sexa naide quere o producto e a oferta é moi grande se quero vender ese producto terei que baixarlle moito o prezo, mesmo por debaixo do custo de producción: xa de perder, perder un pouco, non todo.
O esquema sería o que nos indica esta gráfica:







5.O salario está tamén suxeito á lei da oferta e da demanda:
  • Se hai moita xente que quere traballar (oferta) e pouca necesidad de traballadores (demanda), os salarios serán baixos.
  • Se hai pouca xente que poioda facer un traballo (oferta) e hai necesidade de xente que faga ese traballo, os salarios serán altos.
6. O capitalismo xenera desigualdades tanto entre paises (países ricos e pobres) como dentro da sociedade: canto menores sexan os salarios mási gañarán os empresarios o que provoca que na sociedade os ricos se enriquecen máis (en certo modo) se os traballadores gañan menos.





Hai xente que critica este sistema por este último aspecto. Pero na súa defensa tamén hai xente que dice que se un empresario gaña máis cartos pode (e debe) crear máis empresas có que se van a crear tamén máis postos de traballo e polo tanto a riqueza do empresario é ó mesmo tempo garantía de maior riqueza do país e tamén maior riqueza dos habitantes ou sexa dos traballadores deste país

Tedes que recordar que se produciu un cambio nestes últimos tempos, sobre todo a partir da grande crise de 1929. O estado pode intervir na economía para garantir as condicións mínimas de vida para os seus cidadáns. ¿Como?
  • Pois fixando prezos máximos ós considerados productos esenciais: leite, pan,... en vez de deixar que a lei da oferta e a demanda marque esos prezos.
  • Garantindo determinados servicios mínimos como a educación ou a sanidade (por exemplo en España), servicios que prestará o Estado a través dos funcionarios. É o chamado Estado do Benestar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario